Diciembre 13th, 2006A mellor monografía culinaria do ano é galega

“45 recetas con ortigas” do chef e profesor de hostalería ourensán Martín Vázquez acaba de gañar o premio Gourmand 2006 á mellor monografía publicada en castelán. Os Goourmand son coma os “oscar” dos libros culinarios.
Como gañador español, o libro competirá polo título de mellor monografía do mundo na gran final, que terá lugar en Beijing (China) en abril do próximo ano.
Persoalmente éncheme de satisfación o premio, xa que meu é o primeiro limiar do libro, que o ano próximo se publicará en francés.
Parabéns a Martín Álvarez, “o home das estrugas”, único artífice de que as ortigas comecen a deixar de ser unha mala herba para converterse nunha verdura con múltiples usos.
Os interesados poden aotpar o libro nas principais librerías galegas, e tamén se pode adquirir a través da web de Alvarellos.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


14 Diciembre 2006 a las 13:14
Ten boa pinta… eu só as probei unha vez nunha Feira Franca hai 3 ou 4 anos na que había un posto de empanadas de Noia. Coido que eran Estrugas con Salmón afumado. Toda unha sorpresa.