Os primeiros pementos de Padrón están xa á venda e dinme que no mercado local estanse a vender a seis euros o cento.

Volvo da compra (a menos de quince quilómetros de Padrón) e o único que atopei son pementos procedentes de Cambados, que na etiqueta indican en letra grande “pementos de Padrón”. Dos auténticos, que deberían ter algún tipo de protección, nin rastro.

¿Qué pensarían os pontevedreses se de repente toda a vieira conxelada que está por aí á venda (penso que ven de Escocia) se vendera como “vieira de Cambados?

Como non había pementos de Padrón merquei unha bulsa dos de Cambados. Declara catrocentos gramos de pementos, un total de 76 unidades. Custáronme 2,72 euros.