Mayo 24th, 2006A cociña tradicional e as guías de La Voz de Galicia
Cando a mediados de abril se presentaron as Guías Gastronómicas de La Voz de Galicia, e á vista do número 1 dedicado as terras do Sar e Santiago, recomendei a súa adquisición, pois parecíame un traballo espléndido.
Van xa os nove primeiros libriños. Sígueme a parecer un bo traballo, pero xa non tan espléndido como ao comezo. Sinxelamente porque falta rigor, moito rigor.
Non pode aparecer no apartado da cociña de autor, atribuído a un ou unha cociñeira do sur de Galicia, unha receita que é común en prácticamente tódalas casas da Mariña de Lugo, como son as chulas de pan con leite e canela.
Pero o que menos me convence é o apartado de receitas de “cociña tradicional”. ¿Qué queren dicir con “tradicional”?. O Dicionario da Real Academia Galega di que tradicional é “o referente á tradición dun pobo ou propio dela”. E tamén di que tradición e o “conxunto de usos e costumes antigos propios dun pobo, transmitidos de xeración en xeración e o feito mesmo de serén transmitidos”.
Unha parte importante das receitas que aparecen como tradicionais non responden a tal categoría, porque naceron onte á tarde e para nada son de uso popular.
A mellor mostra un botón: a guía de hoxe, dedicada a Meira e a Terra Chá.
Como tradicionais preséntannos as seguintes dubidosas receitas:
- Crema de nabos al pimentón.
- Níscalos a la sartén
- Estofado de ciervo
- Berzas marinadas
- Conejo con grelos y nabos
- Ensalada templada de pulpo
- Revuelto de grelos con langostinos
- Revuelto de bacalao con verdurita sobre crema de calabacín
- Almejas en salsa verde con algas marinas
- Lomos de merluza en salsa de ourizos
- Pudín de chocolate sobre crema inglesa
- Mousse de chocolate
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


25 Mayo 2006 a las 17:37
Tés toda a razón. O mesmo ocorre coa denominación de “xogos tradicionais” que na maior parte son tan só xogos populares que pouco ou nada teñen que ver coa tradición galega.