Mayo 5th, 2006Sen tortilla xigante
Segundo conta El Correo Gallego, este ano non haberá tortilla xigante en Carcacía (Padrón), por falta de comisión organizadora do evento. Será a primeira vez en vinte anos que na que non poderemos ver a conxunción gastronomía-obras públicas.
Eu fun unha vez a Carcacía. Impresionante o espectáculo. Especialmente cando lle dan a volta a unha tortilla de máis de tres metros de diámetro na que van preto de mil ducias de ovos, máis dunha tonelada de patacas, un cento de chourizos e, dato que asusta, arredor de 40 quilos de sal. Para este labor a gastronomía, a inxeniería metalúrxica e as obras públicas van da man, , co emprego dunha grúa-viradeira.
Cando eu fun a tortilla non valía un pemento, pero penso que neste caso tampouco se pode pedir máis que espectáculo. Ademais, ¿sabe alguén dunha festa gastronómica na que se coma ven de verdade?.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


5 Mayo 2006 a las 9:29
Cómese ben nas festas gastronómicas?
Segundo conta El Correo Gallego, este ano non haberá tortilla xigante en Carcacía (Padrón), por falta de comisión organizadora do evento. Será a primeira vez en vinte anos que na que non poderemos ver a conxunción gastronomía-obras públicas […..
6 Mayo 2006 a las 15:41
Eu, polo menos, non coñezo ningunha festa gastronómica onde se coma ben pero a troula é a troula.
7 Mayo 2006 a las 7:15
Eu tamén sinto de verdade que se interrumpa unha xuntanza de xente agradable e reideira orredor dunda gran masa de patacas amasadas.O de menos é comer.Penso que, afortunadamente hoxe ninguén vai a ningunha festa gastronónimca nin por comer nin por aforrar cartos, pois saen ben caras. Vaise para xuntarse con xente leda e agarimosa, para reencontrarse con amigos, para falar con persoas predispostas a facelo aínda que non te coñezan de nada, cousa que ultimamente estanos a facer moita falta. ¡Lástima que os de Carcacía teñan que lamentar non sair un ano máis no Guinnes!
9 Mayo 2006 a las 6:44
Pois eu son dos que penso que hai festas gastronómicas de máis. Estou de acordo con elas cando serven para promocionar un producto dunha zona ou comarca en concreto, como a da lamprea, por exemplo; pero non con tantas festas dos callos, do churrasco, do caldo… de ese tipo de pratos que nin son típicos nen especiais, nen nada. O exceso deste tipo de eventos deixounos sen sentido na maior parte dos casos.