Abril 27th, 2006Cousas da vida
Volvo a ler “O xantar da memoria” de Lois Caeiro. Nun artigo no que fala de libros de gastronomía e cociña di o seguinte: “… como o debería ser para quen se mova na bibliografía gastronómica española a obra de Carmen Simón Palmer Bibliografía de la Gastronomía Española (1977), obra que encontrei nun saldo deses que ofrecen habitualmente as tendas Vips de Madrid...”.
Miren por onde eu tamén teño un exemplar da Bibliografía referida por Lois Caeiro. E miren por onde, tamén a merquei nun saldo de Vips, en Madrid, hai xa ben anos. Cousas da vida.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico

