AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE

Álvaro Cunqueiro. 1956

Cando se achegue a noitiña, iremos papar unhas perdices con salsa de loureiro na horta da reitoral de Carhaix.

O escribano de Dorne, que parecía coñecedor daquela pousada, guióu á hoste ao alpendre da esquerda, e alí apousentaron en roda, e visto que o coronel demorábase, comenzaron unha cea de arenques afumados e sidra doce, e un entremedio de ovos cocidos. O sochantre mercara en Huelgoat unha peza de pan centeo, e cortaba unhas codas mui sabrosas, de costas pra o médico Sabat, que era mui apetecido.

O sochantre sorriu. ¡A pomarada! ¡A pumariña da encosta de Quelven! Pra maio vindeiro iría tomala sombra alí, e por San Pedro xa habería mazás. I en vez de tortilla de herbas, levaría troitas escabechadas.

Paseando por Ribadeo con motivo do concurso de tapas alí organizado, propoñía Cristino Álvarez (Caius Apicius) un interesante debate. “Imaxinade –dicía- que che din que a partir de hoxe non podes comer máis que un prato determinado no que che queda de vida. ¿Que elixirías?. Chegamos a conclusión de que nove de cada dez galegos (coma se fóramos dentistas ou xinecólogos) elixiríamos o cocido.

E no conxunto dos españois sucedería o mesmo. A razón da elección é que hai moitas razóns. Primeiro, que non existe un cocido único, senón múltiples cocidos, segundo as distintas zonas do país, e ata me atrevería a dicir que non hai cocido que se repita igual en dúas casas, por próximas que se atopen.

Outra razón fundamental son os múltiples sabores, aromas e texturas que nos ofrece un bo cocido, especialmente se no mesmo se botou unha boa cachola, que xa compón por si soa todo un catálogo de sabores. Pero o caso é que pretendía eu falar aquí dun dos precursores do cocido: a “olla podrida”, da que todos temos escoitado falar a través do Quixote.

Sobre dita “olla” téñense escritos quilómetros de renglóns e outros tantos sobre o seu nome, descartándose finalmente que o de “podrida” teña nada que ver co mal estado de saúde das abundantes e profusas carnes que entran na mesma. E semella que a palabra non é máis que unha corrupción (vaille ao pelo esta idea) da orixinal “poderida”, coa que se querería expresar que dito plato era de por sí “poderoso” e unicamente se podía cociñar na casa dos que ostentaban tal condición, xa que eran precisa unha boa bulsa á hora de mercar os elementos precisos para cociñala.

Eu sempre defendín esta teoría, que agora vexo reforzada ao reparar nunha afirmación que fai Francisco Martínez Montiño no seu libro “Arte de cocina, pastelería, vizcochería y conservería”, publicado en 1611. Montiño, do que se descoñece a orixe e sospeitase que fora galego, ofrece a receita do “pastel de pollos o pichones”, que leva, ademais das aves, touciño, verdura, perexil, coandro, cecimbre, cañas de vaca, criadillas de terra ou de carneiro… todo un catálogo de productos. E di Montiño “y les podrás echar tantas cosas, que los podrás llamar pasteles podridos”. O dito.

O Encontro de Blogs de Galicia e Portugal, organizado polo Consello da Cultura Galega, celebrarase en Santiago de Compostela o 19 de abril de 2006.
O obxectivo do encontro é reflexionar sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras: a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través deste formato.
A inscrición é gratuíta, a través de Enblog.
Colineta participará na mesa redonda sobre “A diversidade das historias”, xunto con Brétemas, Alg-a e B20B

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE

Álvaro Cunqueiro. 1956

¿E qué lle querían a el ao probe sochantre da Colexial de Pontivy, sempre aterecido de frío, sempre aloumiñando soños que nunca se cumprían, tocando o seu bombardino nos enterros e coro, contando a escuso os seus poucos luises de ouro, por toda luxuria apertando cada mañán as rizadoras de madame Clementina, por toda gula unha tortilliña de herbas finas e unhas troitas empanadas? ¿Non houbera sido millor que aquel sono que o collía polas noites, cáseque sempre cando ceaba alfo de máis, carne salpresa con repolo e salchichas, poño por caso, e que figuraba á artilleira da casa paterna, colléndolle o bombardino ao pe do leito, o bombardino que xa era un cañón que medraba e medraba, i estoupaba con estrondo, i el espertaba asustado e berrando porque a metralla esfarelárao, se tivera cumprido?.

A xerra de cerveza andaba de man en man e de boca en boca. O señor sochantre facíase un algo de forza pra pór os seus beizos por onde bebían os mortos, e quen partía o xamón era o médico Sabat, que por certo toraba con moito xeito cun grande coitelo gascón. Mui depreso de pimenta, non se lle botaba en falla ao xamón sal. Os difuntos rillaban a modo, caladamente, uns de pe, outros sentados no chan e madame de Saint-Vaast, mui envolveito o busto no seu boá de prumas coloradas, no cabás de monsieur de Nancy.

Pra que me tirase pola cerveza comín uns arenques afumados e un pouco de queixo de Fougéres, e descabecei un sonico, do que despertéi que me apuraban augas menores.

Rematou o primeiro concurso de tapas e pinchos “Ribadeo de tapeo” e so se pode sacar unha conclusión: gañamos todos. Os clientes gañamos a oportunidade de disfrutar dun amplo repertorio de tapas, moitas delas de espléndida factura. Os hostaleiros gañaron o crédito que da terse enfrontado con éxito ao reto que lles puxeron derriba da mesa, e a oportunidade de abrir unha nova liña de negocio.

Un total de 27 tapas e pinchos foron presentados ao concurso. Algunhas das especialidades que se ofreceron rozaban os límites da alta cociña, mentres outras se mantiñan no campo da cociña caseira tradicional, pero en case tódolos casos o nivel chegou a cotas moi altas, e so o faroliño vermello quedou ás portas do aprobado.

Do alto nivel acadado polos participantes da fe o difícil traballo que tivo o xurado para elixir aos gañadores. Uns “Callos de bacallau con chips de allo” recibiron o premio á mellor tapa do ano, acompañados polos “Crepes primavera” (sucesivas capas de filloas e vexetais) como mellor tapa fría e un “Brazo de xitano recheo de brandada de bacallau” como mellor tapa quente. A dificultade na elección faise patente no desexo do xurado de facer mención especial a outras tres tapas presentadas, polo traballo que estas supoñen de aproximación da cociña tradicional á demanda dos consumidores actuais. Ditas tapas foron as “Albóndegas caseiras con gornición”, a “Carne asada” e as “Patacas á serra”.

E non vexan a sorpresa de atopar en Ribadeo as clásicas “patatas revolconas” da provincia de Ávila nun concurso de tapas en Ribadeo. Porque as mencionadas “patacas á serra” son unha versión ribadense do devandito prato abulense, que aprecio de maneira notable e sempre ando buscando cando paso por Castela. O prato componse unicamente de patacas cocidas e esmagadas cun garfo, remexidas con torresmos de dente adubado, pemento doce e, para o meu gusto, un chisco de vinagre que non levaban as de Ribadeo. A receita non pode ser máis sinxela nin o resultado máis delicioso.

Unha segunda mención especial do xurado foi para o conxunto das díuas tapas presentadas por un dos establecementos participantes, que eran os Crepes primavera que levaron o premio de mellor tapa fría e uns macarróns recheos de morcilla e queixo ricotta verdadeiramente espléndidos, ademais de supoñer un traballo de chinos reencher un por un tódolos macarróns que ao longo dunha semana comeron os ribadenses e visitantes.

Tódolos participantes no concurso expresaron o cansazo acumulado nunha longa semana de duro traballo, pero tamén todos amosaron o seu interese por participar na segunda edición do concurso que é de desexar que teña lugar o ano próximo.

Non anda a hostalería da Mariña sobrada de méritos que vaian moito máis aló da alta calidade dos produtos empregados, polo que tampouco sería mal negocio que outros concellos da zona seguiran o exemplo de Ribadeo e botaran a andar actividades semellantes a este concurso de tapas.

Facer propias as boas ideas alleas é moito mellor que seguir parados. Ribadeo de tapeo xa é un lema novo para a vila chave de Galicia… por moito que cada un pague o seu.

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE

Álvaro Cunqueiro. 1956

Adeprendéu, pois, Charles Anne bombardino e danza e uns escrúpulos de latín, e como das comidas da artilleira –caséque sempre garabanzos, arvellas e fabas coloradas con touciño, legumas todas estas ás que a cociñeira de cañón chamaba balotes- seguíralle engordando e trougándoselle a voz, cando vacóu a sochantría con menores de Pontivy, apresentárono pra ela os seus primos segundos, os señores almirantes de Tréboul.

Tódalas mañás era esta festa. O señor sochantre facñia uns maitís de ovosw revoltos e media botelliña de Chinon, regoldaba por consello de médico, cacarexaba un pouco por ver como iba de solfeo, vestía casaca, envolvíase no manteo, e coa caixa do bombardino na man corría por chegar a tempo ao coro dos racioeiros de San Maclou.

Cando rematase o enterro en Quelven, el subiría ao alto a coñecer a súa pumariña, a contar os mazaeiros e pra Ascensión del Señor, que era de tabla que toquese no Calvario, levaría unha tortilla de herbas e unha botelliña de tinto e faría o almorzo sob as ponlas frolidas do seu pumar famoso.

Colineta abre hoxe unha nova sección, dedicada á salientar a presenza da cultura culinaria, gastronomía e cociña na narrativa galega de tódolos tempos, complementando así a sección de poesía existente hai meses.

Comezamos hoxe cuns parágrafos de “As crónicas do sochantre”, de Álvaro Cunqueiro, publicado en 1956, polo que este ano cumpre 50 anos.

Anda estes días nos xornais a nova da saída ao mercado dunha conserva de ameixas á mariñeira con cuncha, elaboradas por unha empresa galega, asegurando que a conserva elaborase cun método único desenvolvido polo departamento de I+D+I da empresa, sen contar máis ao respecto.Os xornais tratan o tema como se dunha grande novidade se tratase, asegurando algúns que é unha delicatessen. Eu non probei estas ameixas e non poido opinar, pero pregúntome o porque da presenza da cuncha dentro do tarro de cristal en que se vende a conserva. E tamén polo seu prezo, por ver de canto me custa o gramo de cuncha, que seguramente non vou comer porque algo me di que vai estar dura.

Así que miro a web da empresa comercializadora, Mar de Couso, que anuncia as súas “conservas selectas” entre as que aínda non están estas ameixas, polo que me quedo coas gañas de aprender máis.

A empresa vende na súa web diversas conservas de atún e preparados de peixe. Destaca que en tódolos casos se emprega aceite de oliva, o que aplaudo ata coas orellas.

Pero xa non me gusta tanto ler os ingredientes das súas “colas de langostinos al ajillo”: surimi de pescado, aceite de oliva e allo. ¿E as colas de langostinos onde andan?. Ao mellor a etiqueta dos tarros di que se trata dun “sucedaneo” de colas de langostinos, pero na web dise ben claro “colas de langostinos al ajillo”. Nada máis.

A composición do “pulpo a la gallega en aceite de oliva” é a seguinte: “pulpo calamar (dosidicum gigas), aceite de oliva, pimentón, sal”.

E resulta que o tal dosidicum gigas non é máis que o calamar xigante, tamén chamado “potón do pacífico” e “pota xigante”, que procede das costas de México e Chile. O seu manto pode chegar a un metro de longo, cunpeso de ata 25 quilogramos.

O Consello Superior de Investigacións Científicas asegura ter creado un procedemento para a elaboración de surimi a partir desta especie, procedemento que foi patentado e vendido a unha empresa española.

Fotografía cortesía de Sonja Heinrich

Corrían os primeiros anos setenta. Pode que fora o mesmo 1970. Era setembro e o Valadouro preparábase para a celebración da penúltima festa dos eu calendario festivo ao longo do ano: as “Dolores” de Budián, con dos días de festas e verbenas no adro situado ao pe da igrexa parroquial

Este ano a comisión de festas non chega a un acordo cos propietarios das cantinas que sempre se poñían no campo da festa. Os cantineiros non están dispostos a ceder ás esixencias económicas da comisión, que consideran desproporcionadas, e por iso deciden non ir ás “Dolores”. Todos menos a cantineira de Santa Cilla, que ve unha boa oportunidade de negocio e decide ser a única que plante o seu establecemento na festa.

O resto de cantineiros reaccionan ante tal deslealdade e plántanse no medio da verbena co remolque dun tractor atestado de cervexas, que venden a prezo de custe. A festa foi rachada e os excesos etílicos xeneralizados. Alí estaban as pandillas que mercaban as cervexas por caixas (catro ou cinco caixas cada vez) arredor das cales facían corro e festa. Nun destes corros, Óscar de Lourenzo dedicábase a baleirar cervexas por derriba da cabeza de cada vella que pasaba a rente seu: “Cale, señora, cale, que un non ten oportunidade de bañarse en cervexa tódolos días”, dicía cando as vellas protestaban polo trato recibido.

Un integrante doutro corro (¿Abilio dos Lobos?, ¿Amando?) convidaba aos homes traxeados que se lle achegaban. Collía un “cuarto” de cervexa, quitáballe a tapa e metíalla ao traxeado no peto do pano da chaqueta, iso sí, boca abaixo. E a chaqueta quedaba para o tinte.

Cheos de razón, os cantineiros dedicáronse a boicotear o negocio da cantineira desleal. E aí estaban Ovidio e Fernando, levando entre os dous unha caixa de cervexa e vendendo polo medio das mesas da cantina intrusa. E o Carrexo, o troiteiro máis famoso da historia do Valadouro, co seu cesto de pesca cargado de cervexas e vendéndoas polo medio do baile. O remolque baleirouse e foi recargar a Ferreira, recollendo toda canta cervexa tiñas os bares da vila para volver a Budián. Ferreira quedou deserta, en Budián non cabía unha alma. E volveuse a acabar a cervexa. A do día seguinte é outra historia. Entón foi a boticaria quen fixo caixa.

A cerveza El León era unha das máis populares por aquel entón. Os interesados en antigas botellas de cerveza española serigrafíadas non pode deixar de visitar Breweriana, á que pertence a imaxe que ilustra este post.

En febreiro o mar levaba ata a praia de Doniños, en Ferrol, un cargamento de “apple chips”, é dicir, lascas de mazá fritas a semellanza das patacas.

Entón, grazas a “As crónicas prusianas” sabíamos que se trataba dun produto elaborado en China. Agora atopo estes chips, da marca “Veg’s” (grupo Rio) no Carrefour de Pontevedra. Un paquete de 100 gramos custa arredor de 1,60 euros.

O produto sabe ao que agardamos que saiba: mazá. Moi lixeiramente dóce e por veces cun chisco da acidez natural da froita con que están feitos. O máis sorprendente é a textura: tacto aterciopelado na boca, algo renxente e moi lixeiro, inda que deixa unha sensación como de manteiga na lingua. Miro a composición: mazá, aceite vexetal, xarope de glicosa e aroma. Os fabricantes indican que as mazás fritense a baixa temperatura para obter un produto duradeiro. O peor do conto é que asegura a etiqueta, como se dun gran avance se tratara, que os chips “so” conteñen un 27 por cento de graxa. Dunha graxa que non identifican, polo que podemos supoñer que será aceite de palma, coco, ou semellante, que son unha auténtica bomba para as nosas arterias. Merece a pena probar os chips de mazá, pero non debe ser moi saudable abusar deles.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura