Marzo 20th, 2006Alertan da presencia de mercurio no peixe
De Estados Unidos chegan novas preocupantes sobre o contido de mercurio nos peixes. Segundo leo no xornal, Greenpeace e GotMercury recolleron mostras de sushi en restaurantes de Los Ángeles e Santa Mónica, en California, atopándose con que o contido de mercurio dos mesmos dobraba o máximo recomendado polas autoridades sanitarias.
A situación semella preocupante. Tanto que a Food and Drug Administration dos Estados Unidos recomenda a mulleres embarazada e nenos no consumir quenlla, peixe espada e cabala polo seu alto contido en mercurio, e prevén contra un consumo abusivo de atún fresco ou enlatado.
Os interesados non deben deixar de visitar a web de GotMercury, onde atoparán información detallada e ata un contador de mercurio, onde poden comprobar a inxesta do mesmo en función do peso e da cantidade de peixe consumido. O contador inclúe unha lista de peixes e mariscos nos que faltan algúns dos máis consumidos en Galicia, pero non deixa de resultar curioso.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico

