Marzo 17th, 2006Caldo galego deconstruído
Un caldo galego deconstruído e unha vieira confeitada envolta en canelón de agar-agar servíronlle a Adrián Elizecha, acompañado de Aitor Martínez, para proclamarse gañador do VII Concurso de Cociña Xosé Rodríguez-Moldes Rey, organizado polo IES Fragas do Eume de Pontedeume e no que participaron dez equipos representantes de centros de toda Galicia. A web deste centro ofrece tódalas receitas que alí preparan.
Os gañadores, estudantes do centro de Pontedeume, prepararon o caldo galego desconstruído consistente en terrina morna de verza, pataca e orella, con crema de chourizo, fabas, coulis de verza, picatostes de pan frito e aire de caldo.
Doutra banda presentaron unha vieira confeitada en aceite de noz e flor de coco, con canelón transparente de agar-agar recheo de fígado de rape flamexado e prebes de tinta de sepia e leite de coral, acompañada de arroz salvaxe fritido, que no prato semellan vermes ben gordiños.
Máis información en La Voz de Galicia
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico


6 Noviembre 2006 a las 11:30
Son un Galego en Budapest, quero facer un traballo sobre o caldo galego e non hai unha foto decente do caldo galego para incluir no traballo.
6 Noviembre 2006 a las 12:16
Pena de non poder ver as fotos do platos… (Canda menos a min non me funciona o link da páxina do IES de Pontedeume).
14 Noviembre 2006 a las 11:42
Be caldo my friend
Aínda lembro cando tiña doce anos e lacazaneaba polos corredores da librería do Corte Inglés da Coruña mentres os meus tíos mercaban nas prantas superiores. O andar que máis me fascinaba era o adicado a deportes, máis concretamente no lateral a…