Por fin. Nace a festa da fabada. Agora so falta a da paella valenciana. ¿Ou xa a temos?.No concello de Mos celebran este domingo a primeira festa da fabada, prato típico desta zona de Pontevedra, como todos sabemos.

Está claro que o asunto está en celebrar algo que ninguén antes celebrara.

De cociñar a fabada encargase, como no caso de moitas festas dos callos, a empresa Frigolouro que, entre outras cousas, enlata callos e fabada. ¿Oído?