Andamos xa metidos en tempada de amorodos, que cada ano chegan máis cedo aos andeis da froiterías, moi caros nos primeiros días para despois ir mellorando de prezo pouco a pouco. Agora xa están a prezos asequibles, inda que han baixar máis.Hai moitas formas de preparar os amorodos, dende a tradicional con nata ata ensaladas, tortas e outras cada unha máis creativa que a anterior.E hai unha maneira que sorprende a quen xamais probou a receita nin soubo dela: con vinagre.
Límpanse os amorodos en córtanse en dou ou catro anacos, dependendo do seu tamaño, e sérvense en cuncas. Cada comensal poñerá a cantidade de azucre que lle guste e un pouco vinagre (vinagre corrente, de xerez, de mazá, etc.), remexendo de seguido.Para unha ración de amorodos non se precisan máis que unhas gotas de vinagre, aproximadamente o contido dunha culleriña do café.Amañados desta maneiras, os amorodos gañan en sabor e dozura, sen que se note o sabor do vinagre. Un truco infalible que se pode tamén facer na cociña, antes de presentar os amorodos na mesa.