O próximo domingo Forcarei, na pontevedresa comarca do Deza, celebra a Festa da Richada, que vai xa pola edición número doce. Cara ao mediodía haberá degustación de carne richada acompañada de filloas e viño, a dous euros a ración.A richada é carne de tenreira, cortada en tiras finas ou dados e fritida con cebola e pemento doce e picante, que se acompaña tradicionalmente con tacas cocidas, inda que non é raro vela con patacas cocidas.Parece que a receita procede do patrimonio culinario dos arrieiros que no século XIX facían a ruta entre o Ribeiro e Santiago, inda que hoxe é un dos pratos máis propios da comarca de Terra de Montes.
Fabiola Sotelo, directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, di que o prato máis rico do mundo son as castañas con ovos fritidos, preparación que recoñece ter descuberto recentemente e do que eu non tiña coñecemento.¿Hai algún lector que probara este prato e poida explicarnos algo máis sobre o mesmo?

