Nun país como España, no que se aprecian por derriba de todo os queixos feitos de leite de ovella e, en todo caso os de mestura de ovella, cabra e vaca, os queixos galegos nunca gozaron de moito prestixio, debido á súa procedencia exclusiva do leite de vaca.

Pero non últimos tempos parece que as cousas van cambiando e o bo facer das moitas queixerías que traballa dacabalo da tradición artesana e os procedementos idustriais está a dar o seu froito.Un ano máis, a denominación de orixe de San Simón da Costa acaparou os premios aos mellores queixos españois na categoría de queixos de vaca de pasta prensada. As marcas Don Crisanto e Prestes repartense cada ano o primeiro premio da categoría e o accesit, sendo este ano o primeiro para Don Crisanto.

Semella que fora de Galicia prestan máis atención a este singular queixo, afumado con madeira de abudueira, do que o facemos na propia Galicia. Aquí, coa excepción da zona de Vilalba (Lugo) da que procede, o queixo de San Simón convertese nun sesgundón, despois do de Arzúa-Ulloa, que tampouco é manco. Un terceiro queixo galego foi premiado no concurso de este ano, trátase do elaborado pola Cooperativa Hoxe, de Lalín, que recibiu o accesit na categoría de queixos de pasta branda. Aquí o primeiro premio foi para unha das grandes maravillas dos queixos españois: a extremeña Torta del Casar.

Para que estea interesado no queixo de San Simón, a denominación de orixe ten unha interesante páxina web, que se pode visitar en www.ssimondacosta.com

Poema Louvanza dos queixos de San Simón de Manuel María