Septiembre 22nd, 2005Changua
Lendo unha biografía de Gabriel García Márquez enterome de que o escritor colombiano estudou o bacharelato na vila de Zipaquirá, a poucos quilómetros da capital do pais, Bogotá.
Mais volvamos con García Márquez. Segundo o seu biógrafo, o escritor disfrutou en Zipaquirá da changua, unha curiosa sopa, que na fría Bogotá serve fundamentalmente de primeira comida do día, o almorzo, ou de cea.
Ponse unha cazola con auga ao lume e nela cócense patacas e cebolas cortadas en anacos, dentes de allo e coandro picado.
Cando as patacas van cocidas agregase leite, tanta como caldo quede na pota, e na mestura escalfase un ovo por persoa, tendo salgado o caldo previamente.
Mentres preparase o servizo, poñendo nunha cunca ou prato fondo uns anacos de pan (mellor de molde) e unhas lascas delgadas de queixo que funda facilmente. ponse un ovo escalfado en cada prato e botase derriba o caldo ben quente, xunto coas patacas e a cebola cocida. O resultado e sorprendente e delicioso.
Para catro persoas podemos poñer unha cebola, catro patacas pequenas e dous dentes de allo. Auga que as cubra, pan, queixo e un ovo por persoa. O coandro e unha herba semellante ao perexil, pero de forte aroma e sabor, que xa se atopa en moitas froiterías. Podemos prescindir del, pero a changua xa non será o mesmo. Eu cómoa excelente, cociñada pola miña muller, nacida en Bogotá.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico

