En OS EIDOS (1955)

Uxío NovoneyraEí vein os cordeiros fiar os cordallos!
Acabáronse os traballos.
Viñeros as neves. Veo a chuvia i o vento
pra quen non pode estar drento.

Eu no meu
cada un no seu
teña pan teña leña
teña erba pros bois
e despois
veña o que veña:
É o prego
do labrego.

Cebalos cochos matalos
salalos i afumalos.
Ir derretendo na grasa…
Ir achegando na brasa…
Sempre hai que facer na casa.

Os controis de alcoholemia na estrada están a causar importantes problemas aos hostaleiros, especialmente aos restaurantes, pola baixada na venda de viños e, en maior maneira de licores. Hai xa meses que os restaurantes non venden practicamente unha copa na sobremesa de comidas e ceas.

Pero os hostaleiros non se conforman con esta nova realidade e decidiron ofrecer aos seus clientes un novo servizo: o auto control de alcoholemia.Varios locais de,Vigo dispoñen de alcoholímetros a disposición dos seus clientes, que antes de abandonar o establecemento poden comprobar o seu estado. Supoño que aos que superen o máximo permitido, os responsables do local convidarano a pedir un taxi no canto de empregar o coche propio.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura