José Manuel Vilabella é de Lugo inda que leva máis de media vida residindo en Asturias, polo que non hai maneira de saber se é primo ou irmau. O caso é que Vilabella tamén leva media vida escribindo, e ben, de gastronomía. Como indica na lapela do seu último libro (Delirios gastronómicos. Alianza editorial), é autor de mil artigos e algúns libros.

Nestes Delirios gastronómicos, Vilabella amosásenos coma un gastrónomo de alta escola que non renuncia á aldea na que vive, por moito que nos refregue polos fuciños as amizades que cultiva e os restaurantes que frecuenta. Vale, iso di Vilabella, que tamén é inventor dun gastrónomo lucense trasladado á Roma imperial, J. de Candelucus, de quen so atoparemos novas nos escritos de Vilabella.Os Delirios culinarios de Vilabella son un conxunto de saborosos artigos gastronómicos, trufados dun certo costumbrismo e ata con lembranzas dos escritos de Julio Camba, xa que por moitos anos que leve de asturiano, a retranca galega non a esqueceu. Pero o libro non é so eso. É, por derriba de todo, un tratado de filosofía culinaria, da filosofía de Vilabella, é evidente, pero filosofía ao fin.

Recomendable a súa lectura. Está escrito e publicado en castelán. José Manuel Vilabella foi galardoado co premio nacional de periodismo gastronómico Álvaro Cunqueiro 2005, por un artigo sobre os cocidos do Camiño de Santiago.

Durante algún tempo, o cultivo do lúpulo foi común na zona de Betanzos, empregándose as súas flores na fabricación da cervexa. Nalgún momento e por razóns que descoñezo, o cultivo desapareceu.

Semella que a planta debe darse ben en Galicia, si atendemos á definición de lúpulo que da Cuveiro no seu dicionario (1876):“Hombrecillo, planta que nace y muere durante el año, de la familia cannabíneas, de hojas pecioladas, acorazonadas, sencillas ó lobadas, flores pequeñas verdosas, tallo vivaz, trepador, comun en los setos de las márgenes del Sar; sabor amargo, decidido, principalmente en las semillas; es un tósigo poderoso, de uso frecuente y entra en la composicion de la cerveza. Humulus lúpulus.”

Agora a única produtora galega de cervexa, Hijos de J. Rivera, anuncia unha nova experiencia no cultivo de lúpulo no Centro de Investigacións Agrarias, na localidade de Mabegondo. Este centro, dependente da Xunta de Galicia, verá renacer o lúpulo galego, que Estrella Galicia empregará o ano que ven para facer unha cervexa galega con lúpulo galego. A empresa celebra o ano próximo o seu centenario, xa que a firma naceu en 1906, motivo de que unha das cervexas da casa leve ese nome.

Segundo o escritor Angel Muro (1893), os gromos tenros do lúpulo pódense comer da mesma maneira que os espárragos ou consumirse en ensalada. Sería cousa de probalo, aproveitando a experiencia de Mabegondo.

Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 48 a 54

Sentáronse todos
no campiño seco,
ollando ás de veces
á Vila en dereito.

Alí merendaron
grandes e pequenos
xuntaron merendas,
e todos comeron.

Tampouco faltou
para o cumprimento
pantrigo da vila,
viño do Ribeiro.

A min que os ollaba,
e estaba mui preto,
por farme mercede
todos me dixeron:

- Ai Marcos! Compadre,
tomai un cortezo,
e botaille dous tragos,
que abondo aquí temos!

Non fun porfiado,
que estaba sedento,
comín e bebín
bastante por certo.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731

Se cuecen con caldo de carne garbanzos (que como para el cocido ordinario se habrán puesto á remojar la víspera con un poco de sal), y se añade una cebolla, tocino, zanahoria y un manojito de hierbas; se procurará que su hervor sea poco á poco, y cuando estén cocidos se les quita la cebolla, zanahoria y tocino.

Pásese todo por el tamiz, estrujándolo bien, y desengrasado y sazonado, se calienta y se sirve el puré.Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.

Asegura José Luis Vilela en La Voz de Galicia, que algunhas conserveiras galegas queren darnos gato por lebre, facendo pasar por galegos produtos que non solo non proceden da nosa terra, senón que foron pescados fora de Galicia por pescadores galegos, transformados fora da nosa terra por empregados foráneos e en plantas de transformación alleas a nos, cobrando soldos moi inferiores aos nosos.

Como di Vilela, son galegos coma nos os que tentan roubarlle a Galicia o seu nome e o que este ten de marca de prestixio no mundo das conservas de peixe.Haberá que vixiar con detalle as etiquetas do que mercamos.

Cocido un trozo de callo blanco y grueso, se corta en filetes muy delgados. Se ponen dos ó tres cebollas en una sartén con manteca ó aceite, y se rehogan á fuego lento hasta que comiencen á tomar color. Entonces se echan los callos, se espolvorean con pimentón, se rehogan salteándolos, y cuando estén ligeramente coloreados se remojan con algunas cucharadas de salsa de tomate y un poco de jugo, se les hace dar algunos hervores y se sacan á la mesa.

Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 26 a 32

Na vila é costume
dempois que a coñezco
que os sábados todos
do ano e arreo,
se faga un mercado
mercando e vendendo
mil cousas do uso
con muito comerzo
de olas, de potes,
de asados, pucheiros,
de pratos, cazolas,
picheles e petos,
angazos e rodros,
rebolos e eixos,
de rocas, de fusos,
de trouzos, sarelos,
de polas e polos,
de lebres, coellos,
de pitas e ovos
(de veces son frescos)
marrás, bacuriños,
años e carneiros,
capós e cabirtos,
e todo a bon prezo;
pantrigos, petadas,
ripotes e queixos,
mel e manteiguiñas
e fruitas do tempo.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731

Coa chegada dos primeiros calores do verán chegan tamén á nosa paisaxe habitual os tenderetes de xeados e, o que ás veces resulta máis interesante, os carriños que ofrecen, preferentemente, os xeados de cucurucho artesanais, tal e como indican nos seu rótulos. Non sei como anda agora a cousa, pero hai algúns anos o código alimentario español prohibía expresamente a palabra “artesanal” ao rente de calquera xeado. Non pregunte os motivos de tal prohibición, que non coñezo, nin os que levan a uns a facer caso omiso da mesma e a outros, as autoridades sanitarias, a facer caso omiso do incumprimento dos primeiros.

Eu lembro vagamente na miña nenez un fabricante artesanal de xeados que residía no barrio de Triana, en Ferreira do Valadouro, e que vendía os seus xeado de cucurucho pola vila e nas festas, empurrando dun carro tan artesanal coma os propios xeados. Chegados a este punto, faremos un parénteses para explicar que non estou inventando ningún barrio novo para Ferreira, que alí Triana existe, o mesmo que tamén no Valadouro están A Castellana, Escurial, Zaragoza e outros lugares de toponimia cando menos curiosa.O conto é que se os xeados de Triana son un leve recordo da miña máis tenra infancia, na miña cabeza están moi presentes os xeados de cucurucho que mercabamos na Barra, que miren por onde está na entrada a Triana segundo se sube dende a praza de Ferreira. A min os que máis que gustaban eran os de fresa, que sabían a fresa e ata levaban anacos de fresa polo medio. Penso que eran da marca Frigo, a que sempre tiveron na Barra. Ou outros xeados da infancia que lembro era os polos de chocolate que mercada en Os Lobos. Si, polos de chocolate, e tamén os había de vainilla, de menta e de fresa, xunto cos actualmente superviventes de limón e laranxa.

Aqueles polos de chocolate dos Lobos, que eran da marca Avidesa, ademais de saber moi ben a chocolate tiñan unha estraña xeometría que me chamaba especialmente a atención. Cando se partían ao través, descubríamos que o polo semellaba estar formado por dúas metades que se unían atrapando o pau no medio. Cada metade semellaba nacer do propio pau e irse conxelando progresivamente cara fora. Penso que eses polos foron o meu primeiro contacto coa xeometría do frío, que acada o insospeitado nesas imaxes microscópicas das felepas de neve.

Pero volvamos cos carriños dos xeados. Pechadas a Barra e Os Lobos, e residindo agora na zona de Compostela, os meus carros de xeados preferidos emprázanse agora nas inmediacións da praza do Toural, na porta Faxeira e na Alameda de Santiago.

Xa non levan os xeado de fresa con anacos de fresa que mercaba en ferreira na miña infancia, ou polo menos o que teñen agora non me sabe coma o de entón. Tamén pode ser que o de agora non saiba coma o recordo do de entón. Pero non me importa. Non me importa mentes sigan levando tutti frutti, que é coma o emperador dos xeados artesanais.

No verán, cando paso pola porta Faxeira e levo a boca limpa de sabores, sempre merco unha bola de tutti frutti, e mentres disfruto do mosaico que compoñen as froitas confeitadas sobre o branco da súa crema, soño coa infancia perdida. Soño lembranzas doutro século.

Os flocos de millo que nos venden nos cines son caros e de ínfima calidade. Este é o resumo das conclusións ás que chegou a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) despois de facer un estudio en seis cidades españolas.

Segundo a OCU, un quilo de flocos de millo sae a preto de 33 euros, así que eu case prefiro achegarme a Sitio e chupar uns deses percebes pequeniños que venden os mesmos chiringuitos que ofrecen améndoas, pipas e lambetadas para nenos. Para que non fora nunca, e para unha parte dos que si foron e aínda non se entesaron, queda dicir que Sitio é a vila que está ao rente de Nazaré, en Portugal, pero encaramada no alto dun gran acantilado. Abaixo, a carón do mar, está Nazaré, arriba, no alto do acantilado, Sitio. Dun lugar a outro pódese ir pola estrada, pero resulta moito máis atractivo subir ou baixar no vello funicular, que polo visto sae nunha das películas de Bond, James Bond, que protagonizou Connery, Sean Connery.Total, que os flocos dos cines son carísimos e malos: ata un 25 por cento é graxa e un 3 por cento sal. Unha bomba para as nosas arterias.

Por sorte, a min dos flocos de millo o que máis me gusta é o aroma, así que poucos levo á boca, e nunca o faigo no cine, por dúas razóns fundamentais: primeiro porque ao cine vou ver unha película e non a comer. Segundo, porque me fode que me estafen. Palabra de Vila, Miguel Vila.

+ Torta de millo con paté

Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 19 a 25

Alí as meniñas
as mozas, os nenos,
as vellas, os mozos
os homes, os vellos,

que veñan, que volten,
á vila, ao eido,
almorzan, merendan
-e failles proveito-

frangullas de pan,
migallas de queixo,
castañas mamotas
ou fruita do tempo.

se compran na vila
por pouco diñeiro
ameixas e ostras,
centolas, cangrexos,

E mais caramuxos,
que compran por centos,
ou beberechiños
que tén pouco prezo.

Alí os escochan
con mans ou con ferros,
os chuchan ou comen
con muito sosego,

por iso aquel chan
está sempre cheo
de cachos mariños
estando tan lexos.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura